Tipo | torneio recorrente (pt) |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Organizador | Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo |
Liga inferior | DEL2 (en) |
Localización e Datas | |
País | Alemaña |
Vixencia | 1994 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | del.org |
A Deutsche Eishockey Liga ou DEL, é a liga profesional de hóckey sobre xeo de Alemaña. Foi creada en 1994 como substituta da antiga Eishockey-Bundesliga, que dende 1958 estaba administrada pola federación alemá de hockey sobre xeo. Está considerada unha das ligas máis importantes do mundo neste deporte, tan só por detrás da National Hockey League norteamericana e a Kontinental Hockey League do leste europeo. Existen outras ligas europeas profesionais dun nivel comparable ó que ten a DEL, como son as ligas checa, finesa, sueca, suíza e eslovaca.
Dende a súa creación, a DEL ten sido dominada principalmente por 3 equipos: o Adler Mannheim, o Kölner Haie e o Eisbären Berlin, tanto por cantidade de vitorias como por presenzas nas finais, títulos, goles, puntos ou encontros disputados.[1]